miércoles, 8 de diciembre de 2010

LENDAS OU HISTORIAS? Que se agocha ....
Que se agocha tras de tantos relatos como nos transmite a tradición oral? Son as lendas froita da imaxinación sen máis ou baixo delas hai realidades que se nos escapan, realidades pasadas que o tempo transformou ou realidades presentes que non somos quen de comprender? Seguramente hai unha boa dose de cada cousa.
domingo, 22 de agosto de 2010
A MULLER CERVO
Quedou só Egas que era o bo rapaz. Un día fixo unha cacería cos amigos e propuxo que cada un levara ao castel


Etiquetas: animais muller
martes, 17 de agosto de 2010
PEPA A LOBA NO CEBREIRO

O home volvía para a casa chorando como un neno e queixándose da súa desgraza cando lle saíu ao camiño a cabecilla dos ladróns, a Pepa a Loba, que viña cunha ducia de homes. Pepa preguntoulle que lle pasaba. O pobre home contoulle o encontro que tivera e que quedara sen os cartos para pagar a contribución.. Entón a Loba asubiou e apareceron o resto dos seus homes, fixo que se puxeran todos en roda e preguntoulle ao home:
-Cal destes homes que roubou os cinco pesos e o reloxo?

O paisano sinalou a un moi malencarado e a xefa dos ladróns volveu preguntar.
- Estás ben seguro?
- Estou, si señora!
Entón a muller mandoulle ao ladrón que lle devolvera todo e deulle unha somanta de paus ao seu axudante á vez que lle dicía:
- Téñovos dito que hai que saber a quen roubar, que non lle hai que quitar a quen non ten.
Despois mandou marchar ao labrego e dirixiuse a Seara. Alí roubaron nunha casa rica, á que Pepa se achegou vestida de garda civil, porque se vestía de moitas maneiras para que lle abriran as portas, e colleron todo o que quixeron din que fuxiron cara a Donís, onde tiñan o seu refuxio, din que nunha cova fonda que ten dúas entradas por iso os gardas non a daban collido.
Etiquetas: Animais-muller
lunes, 16 de agosto de 2010

Parece que esta muller viviu en realidade e din que naceu cerca de A Estrada, que foi filla de solteira e que quedou orfa sendo moi nena. Din que a recolleu unha tía e que a puxo de criada, que a nena tiña que atender ás tarefas da casa e coidar o rabaño de ovellas da tía. Sendo aínda nena puxéronlle o alcume de a Loba porque estando no monte enfrontouse a paus co lobo cando este apareceu se repente e botoulle a boca a unha ovella, a rapaza e os outros animais botaron a correr para a casa pero o lobo non estaba satisfeito e foi detrás querendo quitarlle outra, entón a rapariga colleu un pau e coa axuda do seu can enfrontouse ao lobo e conseguiu matalo aínda que quedou marcada polos dentes da fera.
Cando se fixo moza, como era guapiña a pesar das cicatrices a tía entrou en tratos co taberneiro da aldea para que a collera como querida e criada e así se fixo mais o taberneiro colleu lei e ata lle pagou a un mestre para que a ensinara a ler e escribir ademais de facerlle testamento. Pero pasou que a rapaza namorouse do mestre e o taberneiro foi asasinado na propia taberna. As sospeitas da Garda Civil caeron sobre a rapaza e o mestre e os dous foron metidos no cárcere, aínda que a xente da aldea sospeitaba do albeite, que era irmán do taberneiro. No xuizo só a condenaron a ela que se foi volvendo rancorosa e mala e só pensa

Un día Pepa pediu confesión, asasinou ao crego que asistiu e fuxiu do cárcere vestida coa súa roupa foi a buscar ao seu can e despois presentouse na taberna coa que se quedara o albeite e fixo que o can o atacara ata matalo. Despois levou o cadáver ao monte para que os lobos o comeran. A partir daquela viviu escondida polos montes, xuntou unha partida de homes e fíxose capitana deles e roubaron e mataron por toda Galicia.
Etiquetas: Animais-muller
sábado, 14 de agosto de 2010
A RAÍÑA LUPA

Din que os discípulos portadores de los restos de Santiago o Maior acudiron a esta raíña que, naquel momento, estaba no castelo rodeado dunha gran muralla cun infranqueable foxo, no que cabía un escuadrón de catro mil homes, tal era o seu poder e riqueza. Cando os discípulos se achegaron a ela para pedirlle un lugar no que enterrar ao Apóstolo, ela enganounos mandándoos ir ao legado romano que vivía en Duio. Este home meteunos no cárcere mais eles, din que grazas á axuda divina, puideron fuxir e volveron xunto á raíña Lupa para volver a pedirlle o mesmo, "un lugar para enterrar ao seu mestre Santiago" e que a raíña volveu a enganalos mandándoos ao monte Ilicino ou Pico Sacro onde había uns bois cos qu

Á vista dos milagres a raíña Lupa converteuse ao cristianismo e deulles un lugar para enterrar ao seu mestre. Deste xeito din que naceu Santiago de Compostela, o lugar do definitivo descanso do Apóstolo que chegou a Galicia dende Oriente, despois de que os seus discípulos roubaran o seu corpo ás autoridades romanas.
A RAÍÑA LUPA E A VELLA AVARA


Etiquetas: Animais-muller
jueves, 12 de agosto de 2010
MULLERES MALVADAS

Se nas lendas anteriores falabamos de mulleres que se transformaban en lobos ou adquirían algúns dos seus caracteres, agora imos falar de mulleres que polas súas accións recibiron o nome de LOBAS. Entre estas lendas están as das RAIÑAS LOBAS das que recollemos dúas en puntos tan distantes como a Baixa Limia e a Terra de Santiago.
A RAÍÑA LOBA da LIMIA
Contan que nun castelo das terras da Limia vivíu unha muller moi rica e poderosa pero tan

Para a súa mantenza e a dos seus parentes, "clientes" e criados, obrigaba aos seus súbditos a entregarlle cada día unha vaca ou dous años, un porco, varios polos e unha carreta chea doutras cousas de comer: pan, ovos, froita... As familias campesiñas xuntábanse e facían quendas para entregar o que a raíña pedía porque era tan mala que se algún pobo fallaba na entrega ou non era abonda mandaba aos seus servos que queimaran as casas e as colleitas dos pobres labregos, e mesmo facía que os mataran a eles e as súas familias.
Un día, cando lle chegou a quenda de mandar a comida ao pobo de Figueirós, os veciños xuntáronse en asemblea e decidiron que non ían pagar o tributo porque estaban xa arruinados e enriba oprimidos e mortos de medo. Mais negarse a pagar sen máis era condenarse a morte, tiñan que facer algo antes de que a raíña mandara aos soldados contra eles.Pensaron que era mellor morrer loitando contra ela que de fame ao atropelados polos soldados así que fixeron lanzas de freixo con puntas de pedra, arcos e frechas, colleron pedras e estacas e na escuridade da noite achegáronse ao castelo. A Loba e os seus servos durmían confiados no medo que lle tiña a comarca enteira e des

Etiquetas: Animais-mulleres